martes, 28 de abril de 2020

AVISO LIBROS DE TEXTO

Bos días familias

Informamos de que a semana que ven comezaremos a traballar cos libros de texto. Irémosvos indicando que páxinas tedes que facer.

DE MOMENTO NON FAGADES NADA DELES. XA VOS AVISAMOS NOS.


Un saúdo

sábado, 25 de abril de 2020

TAREFAS DO 27 AO 30 DE ABRIL

COMEZAMOS NOVA SEMANA!

Aquí vos deixamos as tarefas para estes días.

27-04-2020

28-04-2020      

29-04-2020     

30-04-2020



Recordade que podedes solicitar o Servizo de Axuda Escolar que oferta o Concello para que vos leven as fotocopias a casa.
O número de teléfono é o 881 866 822 e o correo electrónico impresionescolarnegreira@gmail.com.

Tedes que solicitar o material cada semana.




Ademais das actividades de sempre imos realizar unha tarefa enmarcada dentro do proxecto levado a cabo pola biblioteca este ano titulado "DESPLASTIFÍCATE". 

Entre todo o colexio crearemos un dicionario de termos ecolóxicos. No seguinte enlace tedes toda a información. 


Fixádevos! 

Cada aula ten que investigar sobre un termo diferente.
Tedes esta semana e a que ven para presentar as vosas propostas!






BOA SEMANA!

martes, 21 de abril de 2020

No Día do Libro a Xoaniña Lola propón...

Boas nenas e nenos,

Hoxe recibimos unha petición dende a biblioteca do colexio.

 

Como sabedes o 23 de abril é un día especial porque se celebra o Día Internacional do Libro. A Xoaniña Lola pídenos que lle recomendemos un libro que nos guste para conmemorar dito día.




Podedes mandar un debuxo ou un vídeo coas vosas recomendacións a este correo electrónico:

As vosas recomendacións colgaranse no blogue da biblioteca do centro.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO








O día 23 de abril é o Día do Libro. Nos vamos a celebralo falando do noso libro favorito e creando marcapáxinas de diferentes estilos. Tendes os modelos nas fichas.






Mandádenos algunha foto cos vosos libros e marcapáxinas.


Tamén vos propoñemos que vexades este corto. Nel observaredes como cun libro podemos viaxar a moitos lugares.



Deixámosvos ademais uns enlaces para que poidades gozar dende as vosas casas dunha sesión de contacontos con Kalandraka tv.

LEDE MOITO E DISFRUTADE DO DÍA!

sábado, 18 de abril de 2020

TAREFAS DO 20 AO 24 DE ABRIL

COMEZAMOS NOVA SEMANA!

Aquí vos deixamos as tarefas para estes días.

20-04-2020

21-04-2020 
  
22/04/2020
  
23-04-2020 

24-04-2020

Recordade que podedes solicitar o Servizo de Axuda Escolar que oferta o Concello para que vos leven as fotocopias a casa.
O número de teléfono é o 881 866 822 e o correo electrónico impresionescolarnegreira@gmail.com.

Tedes que solicitar o material cada semana.

Nas tarefas do venres repasaremos como se recicla. Aquí vos deixamos un vídeo para recordar como debemos separar o lixo correctamente.


¿Cómo reciclar? Guía completa de reciclaje.

Pero ademais de reciclar temos que reducir e reutilizar. Mírade este vídeo para obter máis información sobre a regla das tres erres.

Reducir, reutilizar y reciclar. Para mejorar el mundo.

BOA SEMANA!

martes, 14 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE


COMEZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE!

Aquí vos deixamos as tarefas para esta semana:

                                                     
14 – 4 - 2020 para imprimir            14 - 4 - 2020 formulario dixital

15 – 4 - 2020 para imprimir            15 - 4 - 2020 formulario dixital

16 – 4 - 2020 para imprimir            16 - 4 - 2020 formulario dixital

17 – 4 - 2020 para imprimir            17 - 4 - 2020 formulario dixital

Os arquivos para imprimir son para o alumnado que vai descargar, traballar sobre papel e enviar escaneado.

Os arquivos formulario son para traballar en formato dixital e enviar. 


Os arquivos formulario dixital son para o alumnado que non ten a posibilidade de imprimir. Os pasos a seguir son: 


1- Abre o arquivo.
2- Descárgao.
3- Cúbreo.
4- Gárdao.
5- Envía o arquivo cuberto por correo electrónico á túa mestra. 

Recordade que podedes solicitar o Servizo de Axuda Escolar que oferta
 o Concello. Preme no enlace para obter toda a información.
http://concellodenegreira.gal/index.php/gl/novas/nova/1761-servizo-de-axuda-escolar

PARA REPASAR:

Suma ABN.  Exemplo paso a paso



Continuamos co diario!

Recorda escribir cada día catro frases en galego.

Sumas ABN online:







viernes, 3 de abril de 2020

MANUALIDADES DE PASCUA

QUE VOS PARECE FACER ALGUNHA MANUALIDADE DE PASCUA?
Aquí vos deixamos algunhas propostas, para que fagades as que máis vos gusten!


OVO CON PINZA DA ROUPA


Na seguinte páxina podedes ver como se fai.


COELLO DE ORIGAMI
Cun video paso a paso.


CAIXA COELLO



Para decorar ao voso gusto!

POLIÑOS

CON TUBO DE PAPEL HIXIÉNICO

CON CAIXAS DE OVOS

Recorta os vasos da caixa de ovos e pégaos de dous en dous (formando o corpo dos polos).
- Píntaos da cor que queiras.
- Debuxa os ollos.
- Dobra un papel laranxa pola metade e córtao en triángulo para facer o pico.
- Recorta un papel en forma de pluma e pégallo na cabeza. 


OU COELLOS
Empregando cartóns de ovos, pero, desta vez, podes facer un coello.



COELLO SALTARÍN


DECORAR UN OVO DE PASCUA


    - Pódese facer cun ovo duro ou cun baleiro. Pide axuda a un adulto para calquera das dúas opcións.
No caso de elexir un ovo duro deberás cocelo uns 15 minutos e deixalo arrefriar.
Se queres que dure máis tempo podes baleiralo.  Debes facer dous pequenos buracos, un en cada extremo. Baleiralo e limpalo ben con auga.
Coidado! Será máis fráxil para pintalo.


   - Cando o teñas preparado decórao como queiras. Podes empregar rotuladores, ceras, colorantes alimentarios...