jueves, 18 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Boas familias

Dende a biblioteca do colexio propóñennos unha serie de lecturas para amenizar o verán. Aquí vos deixamos o enlace para que o miredes.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DA XOANIÑA LOLA

Un saúdo

BO VERÁN!

Bos días familias

Hoxe despedímonos deste curso extraño. Queremos agradecervos todo o voso esforzo e dedicación nestes tempos difíciles.

Tamén vos  lembramos que o luns de 10 a 13h faremos a recollida de libros da biblioteca. As mestras estaremos alí 


Moitas grazas por todo e BO VERÁN!

viernes, 12 de junio de 2020

ÚLTIMA SEMANA DE CURSO

Bos días familias

Chegamos a última semana do curso. Para despedirnos deste ano académico tan atípico propoñémosvos unha serie de xogos. 
O primeiro chámase " Alto el lápiz" servíranos para repasar as linguas.
En matemáticas vamos a construír dinosaurios cos tangrams que tedes nos sobres que viñan co libro e a adiviñar a hora que é co xogo que vos poñemos nas fichas. Por último deixámosvos unha sopa de letras con vocabulario relacionado coa praia.


Podedes descargar todos os materiais necesarios no seguinte enlace.

TAREFAS 15-19 DE XUÑO


Para rematar deixámosvos unhas cancións para amenizar o traballo nestes días.
LLEGÓ EL VERANO

ROCK DE LA PLAYA



Boa semana e felices vacacións

lunes, 8 de junio de 2020

TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO

Bos días familias

Xa nos adentramos na contra atrás para rematar o curso polo que as actividades que propoñeremos esta semana e a que ven serán un pouco diferentes. Deixamos xa de traballar cos libros de texto. 
No seguinte enlace atoparedes unha serie de fichas coas que podedes repasar durante estes días, dun xeito máis lúdico, moitos dos contidos traballados durante o curso. 

TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO


Hai actividades de todo tipo (sumas con rejilla, sopas de letras, un xogo para clasificar formas xeométricas...) Ata teredes que completar a letra dunha canción. Aquí vos deixamos o enlace para que a poidades escoitar e completar a ficha.

A HORTA DE BALBINA

Un saúdo e boa semana

jueves, 28 de mayo de 2020

TAREFAS DO 1 AO 5 DE XUÑO

Bos días familias

Comezamos xuño. O curso xa está remantando. Aquí tedes a secuencia de actividades para facer estes días. Podedes consultalas no seguinte enlace.

TAREFAS DO 1-5 DE XUÑO


Ademais deixámosvos os seguintes recursos.
Para escoitar o ditado da páxina 121 de Lingua Galega tedes o seguinte audio. Nel aparecen tres palabras que deberedes colocar nos espazos que vos dan no libro.

DITADO Lingua páxina 121  (MÉRCORES)

Esta semana tamén comezaremos a traballar as horas. En concreto veremos como se representan as horas en punto. Nos seguintes vídeos tedes información sobre este tema.

Vídeo: Aprendemos a decir la hora  (VENRES)

CANCIÓN DE LAS HORAS (VENRES)

Boa semana 
Un saúdo


domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Bos días familias

Xa rematamos maio. Aquí tedes a secuencia de actividades para facer estes días. Podedes consultalas no seguinte enlace.

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Ademais deixámosvos os seguintes recursos.
Para escoitar a lectura da páxina 112 de Lingua Galega tedes o seguinte audio. Nel aparece máis información da que se aporta no libro e poderedes respostar mellor as preguntas formuladas.


LECTURA: Na cociña coa avoa  (LUNS)

Para poder facer o exercicio 2 da páxina 113 de Lingua Galega deberedes escoitar o seguinte audio sobre o programa de cociña "Temos fame". Permanecede moi atentos para riscar todos aqueles ingredientes que non precisedes.

PROGRAMA DE COCIÑA: "Temos fame"  (MÉRCORES)

Por último para realizar as tarefas da páxina 194 de Lingua Castelá necesitades escoitar o seguinte audio. Nel un neno e unha nena falan á saída do colexio e intentan poñerse dacordo para quedar e realizar un traballo escolar.

CONVERSACIÓN página 194 Lengua Castellana  (XOVES)

Boa semana e un saúdo


miércoles, 20 de mayo de 2020

AVISO: XESTIÓN AXUDAS LIBROS DE TEXTO

Boas de novo familias

Cremos que pode ser do voso interese a seguinte información relacionada coa xestión das axudas para os libros de texto e o material escolar. Todo o que tedes que facer aparece explicado no seguinte enlace.

EXPLICACIÓN DA XESTIÓN DAS AXUDAS

Tedes que cubrir os seguintes anexos.
ANEXO I 
ANEXO II


Para pedir cita para a entraga da documentación debedes cubrir o seguinte formulario para reservar o día e a hora que vos conveña máis.

O alumnado de 1º de primaria terá que entregar a documentación requerida nas seguintes datas : 28-29 de maio ou 1 de xuño SOLICITANDO CITA PREVIA.

Un saúdo