domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Bos días familias

Xa rematamos maio. Aquí tedes a secuencia de actividades para facer estes días. Podedes consultalas no seguinte enlace.

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Ademais deixámosvos os seguintes recursos.
Para escoitar a lectura da páxina 112 de Lingua Galega tedes o seguinte audio. Nel aparece máis información da que se aporta no libro e poderedes respostar mellor as preguntas formuladas.


LECTURA: Na cociña coa avoa  (LUNS)

Para poder facer o exercicio 2 da páxina 113 de Lingua Galega deberedes escoitar o seguinte audio sobre o programa de cociña "Temos fame". Permanecede moi atentos para riscar todos aqueles ingredientes que non precisedes.

PROGRAMA DE COCIÑA: "Temos fame"  (MÉRCORES)

Por último para realizar as tarefas da páxina 194 de Lingua Castelá necesitades escoitar o seguinte audio. Nel un neno e unha nena falan á saída do colexio e intentan poñerse dacordo para quedar e realizar un traballo escolar.

CONVERSACIÓN página 194 Lengua Castellana  (XOVES)

Boa semana e un saúdo


No hay comentarios:

Publicar un comentario