miércoles, 20 de mayo de 2020

AVISO: LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2020-2021

Bos días familias

Cremos que pode ser do voso interese a seguinte información.

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
No seguinte enlace podedes atopar a Orde e consultar os anexos que debedes presentar.

ORDE DO 12 de MAIO

O plazo de presentación das solicitudes  é do 20 de maio ao 19 de xuño.

Tedes toda a información na web do centro.

MÁIS INFORMACIÓN

Se necesitades resolver algunha dúbida a información de contacto do CEIP O COTO é a seguinte:
-correo electrónico: ceip.ocoto@edu.xunta.es
-teléfono: 881 866 820
-horario de atención ao público: de 10:00 a 13:00.

Un saúdo


No hay comentarios:

Publicar un comentario