jueves, 14 de mayo de 2020

17 de maio. DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


Bo dia familias

Este domingo, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Ricardo Carballo Calero é o autor homenaxeado este ano e queremos que sepades algo máis del.

Ricardo Carballo Calero naceu en Ferrol no ano 1910.

Sabedes onde é? Investigade coas vosas familias e tentade situalo no mapa de Galicia.

De neno gustáballe moito ler e sentía paixón polas letras. Foi profesor nunha escola e dedicou a súa vida a escribir e a promover a cultura galega.


Deixámosvos un enlace para ler un relato del.

Titúlase "As pitas baixo a choiva" e narra un feito anecdótico da infancia do autor. Un día, cando era neno descobre, desde a fiestra da súa casa, que as pitas estanse a mollar e téntaas facer entrar no galiñeiro. Elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.
A vos pasouvos algo parecido? Facede un debuxo contándonos a vosa historia e subirémolos o blog.

Se vos animades a ler o conto e despois queredes xogar un pouco e saber máis sobre as pitas aquí vos deixamos un xogo de preguntas.




No seguinte enlace tedes debuxos para colorear relacionados con este día.


Un saúdo e que teñades un feliz fin de semana disfrutando das nosas letras

No hay comentarios:

Publicar un comentario