jueves, 18 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Boas familias

Dende a biblioteca do colexio propóñennos unha serie de lecturas para amenizar o verán. Aquí vos deixamos o enlace para que o miredes.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DA XOANIÑA LOLA

Un saúdo

BO VERÁN!

Bos días familias

Hoxe despedímonos deste curso extraño. Queremos agradecervos todo o voso esforzo e dedicación nestes tempos difíciles.

Tamén vos  lembramos que o luns de 10 a 13h faremos a recollida de libros da biblioteca. As mestras estaremos alí 


Moitas grazas por todo e BO VERÁN!

viernes, 12 de junio de 2020

ÚLTIMA SEMANA DE CURSO

Bos días familias

Chegamos a última semana do curso. Para despedirnos deste ano académico tan atípico propoñémosvos unha serie de xogos. 
O primeiro chámase " Alto el lápiz" servíranos para repasar as linguas.
En matemáticas vamos a construír dinosaurios cos tangrams que tedes nos sobres que viñan co libro e a adiviñar a hora que é co xogo que vos poñemos nas fichas. Por último deixámosvos unha sopa de letras con vocabulario relacionado coa praia.


Podedes descargar todos os materiais necesarios no seguinte enlace.

TAREFAS 15-19 DE XUÑO


Para rematar deixámosvos unhas cancións para amenizar o traballo nestes días.
LLEGÓ EL VERANO

ROCK DE LA PLAYA



Boa semana e felices vacacións

lunes, 8 de junio de 2020

TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO

Bos días familias

Xa nos adentramos na contra atrás para rematar o curso polo que as actividades que propoñeremos esta semana e a que ven serán un pouco diferentes. Deixamos xa de traballar cos libros de texto. 
No seguinte enlace atoparedes unha serie de fichas coas que podedes repasar durante estes días, dun xeito máis lúdico, moitos dos contidos traballados durante o curso. 

TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO


Hai actividades de todo tipo (sumas con rejilla, sopas de letras, un xogo para clasificar formas xeométricas...) Ata teredes que completar a letra dunha canción. Aquí vos deixamos o enlace para que a poidades escoitar e completar a ficha.

A HORTA DE BALBINA

Un saúdo e boa semana