lunes, 30 de marzo de 2020

EXPERIMENTOS

Para que vos divirtades na casa,  podedes facer algúns experimentos


CIENCIAS

Para repasar as Ciencias só imos propoñer videos, para entretervos e, á vez, aprender.

Videos sobre animais:

Animais vertebrados.



Animais invertebrados:



Los animales carnívoros más peligrosos.



Top 5. Los 5 animales más inteligentes.



Videos sobre plantas:

Clasificación das plantas.  



Partes das plantas.  



Reino das plantas.
riosidades+de+las+plantas+happy+learning



Curiosidades das plantas.  



E un sobre as funcións vitais. 



Videos sobre o Sistema Solar.

Orixe do  Universo.
riosidades+de+las+plantas+happy+learning



O Sistema Solar.
riosidades+de+las+plantas+happy+learning



O  Sistema Solar en 3 D.  
riosidades+de+las+plantas+happy+learning





O Sistema Solar e os seus planetas.
riosidades+de+las+plantas+happy+learning



O Sol, a Lúa e a Terra. 



O planeta Terra. O Sistema solar en 3 D para nenos.   



A Lúa.





O Sol.



A Terra e os seus movementos, 




Esperamos que vos gusten!













LINGUA CASTELÁ


No seguinte enlace atoparedes 30 lecturas  para Primeiro.
Debedes ler unha cada día, (en voz alta) e responder ás preguntas ao rematar.
Non é preciso imprimir, podedes traballar online. 
Por favor, facédeas por orde!  
http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada1.html

En http://www.ceiploreto.es/ clicando en Leng 1º atoparedes varios libros para recordar os contidos aprendidos na aula.




Recomendamos entrar no de Anaya, que será o máis parecido ao noso. Podedes repasar contidos dende o tema 6. 

Ánimo!




LINGUA GALEGA

Propoñémosvos o seguinte reto!

Facer un diario deste tempo no que estamos na casa. 
Dende o luns, 30 de marzo.     

ESCRIBIR UN DIARIO 

É CONTAR POR ESCRITO 

O QUE PASA CADA DÍA


E, por onde comezar?
1º - Diseña o formato.
Elixe o tamaño das follas (folio enteiro, medio folio...). 


Elixe a súa cor: con folios de cores ou brancos 


Podes darlle cor suave coa cera en horizontal. Coidado!  primeiro escribe, porque o lapis sobre a cera non pinta ben.

Tamén podes aproveitar papel dalgunha libreta vella que teñas pola casa.


2º - Diseña a portada.
Inventa o título e escríbeo. Decóraa como che guste.
Imaxe: http://blogmaestrojoserafael.blogspot.com/

3º -  Comeza a escribir!
Deberás escribir, polo menos, catro frases ao día: sobre o que fixeches, a que xogaches, o que botas de menos, o máis divertido do día, como te sintes... ou calquera cousa que queiras contar.
Tamén podes facer un debuxo que complemente o que escribiches! 

 Recorda! 
* Non esquezas poñer a data cada día!
* Escríbeo en galego.
Comeza as oracións con letra maiúscula.
* Remata as frases con punto.

ESCRIBE CON BOA LETRA!


Á volta expoñémolos nas aulas!

LINGUAS


O máis importante é  ler todos os días uns 20 minutos, en voz alta, entoando  ben e tentando non silabear. Debes alternar, un día en galego e outro en castelán.

No blog Biblioteca do cole:  http://bibliocoto.blogspot.com/?m=1
tedes acceso a varias páxinas que ofrecen libros gratuitos.

Dádelle unha ollada!

RETO 1: Atopa o número agochado


Boas!
Propoñémosvos un RETO.
Sodes capaces de adiviñar a que número chegamos con estas pistas?
Fixádevos na imaxe e seguide as ordes que vos dan.

Nos comentarios podedes deixarnos as vosas respostas!
Apertas!

Repasamos MATES!

Boas!
Hoxe propoñémosvos que repasedes un pouco de matemáticas.
Que podedes facer ?
-Escribir números ata o 100:
·        De maneira ascendente: 1, 2, 3, 4, 5...
·        De maneira descendente: 100, 99, 98, 97...



-Colocar números con palillos.


-Ditado de números
-Escoller un número e poñer o anterior e o posterior.
-Escribir 5 números e colocalos de maior a menor ou de menor a maior.

-Contar de 2 en 2, 3 en 3, 5 en 5 e 10 en 10.
-Sumas e restas de cálculo mental (como as feitas na clase):
·        5+9=
·        8+7=
·        12-5=
·        9-3=

Tamén deixamos algúns titoriais para aprender a sumar co método ABN:

Se queredes practicar tendes esta aplicación:



LEMBRADE
A maiores disto podedes repasar nas seguintes páxinas:
El rincón de Luca:


La pandilla de la rejilla. Juegos 1º


sábado, 28 de marzo de 2020

Hoxe o aplauso vai para vós!

Boas nenas e nenos!
Xa levamos varios días confinados nas nosas casas e isto faise duro. Seguro que moitos de vos xa sabedes que para amenizar o tempo que pasamos recluídos están xurdindo varias iniciativas. Unha delas consiste en saír cada día ás oito da noite á ventá das nosas casas para agradecer cos nosos aplausos o traballo da xente que nos axuda nesta loita diaria contra a pandemia (persoal sanitario, os corpos de seguridade, os traballadores dos supermercados...).
Hoxe o aplauso será ás seis da tarde e vai para vos.


Cústavos estar na casa verdade?  Nós sabemos que sodes moi valentes e que vos estades a portar moi ben.
Moito ánimo! Vémonos pronto!
Aquí vos mandamos unha aperta virtual:

jueves, 26 de marzo de 2020

O coronavirus


O coronavirus é o motivo polo cal debemos estar nas nosas casas todos estes días.

Queredes saber algo máis sobre este virus?

Podedes darlle aos seguintes enlaces:


¿Qué es el coronavirus?(aquí podemos atopar unha explicación sinxela do que é e o que provoca o coronavirus)



 

El juego del coronavirus (aquí veremos mediante un xogo como debemos facer para lavar ben as mans)


E por que é tan importante lavar ben as mans?

Realizade na casa este pequeno experimento con auga, pementa e xabón (https://www.youtube.com/watch?v=5nrzfm9UWIc) e poderedes comprobar que cun simple xesto podemos afastar os virus de nós.



Deixámosvos tamén un conto:

El monstruo de colores y el coronavirus.


E un xogo para toda a familia:

Juego del coronavirus para las familias


Unha aperta!







Benvidos e benvidas!

Boas! nenos, nenas e queridas familias.
Xa hai quince días que non nos vemos e seguimos sen poder facelo ata novo aviso.

Esperamos que esteades ben de saúde, que é o máis importante, e que poidamos voltar á normalidade o antes posible. As mestras Bea, Ana e Laura bótanvos de menos.

Como supoñemos que xa acabachedes todas as tarefas que vos enviamos o último día que nos vimos, creamos este blogue para manter o contacto convosco e recomendarvos algunhas actividades para estes días nos que seguimos sen poder ir ao colexio.

Unha aperta para todos e todas!


Estade atentos, que comezamos!