lunes, 30 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA

Propoñémosvos o seguinte reto!

Facer un diario deste tempo no que estamos na casa. 
Dende o luns, 30 de marzo.     

ESCRIBIR UN DIARIO 

É CONTAR POR ESCRITO 

O QUE PASA CADA DÍA


E, por onde comezar?
1º - Diseña o formato.
Elixe o tamaño das follas (folio enteiro, medio folio...). 


Elixe a súa cor: con folios de cores ou brancos 


Podes darlle cor suave coa cera en horizontal. Coidado!  primeiro escribe, porque o lapis sobre a cera non pinta ben.

Tamén podes aproveitar papel dalgunha libreta vella que teñas pola casa.


2º - Diseña a portada.
Inventa o título e escríbeo. Decóraa como che guste.
Imaxe: http://blogmaestrojoserafael.blogspot.com/

3º -  Comeza a escribir!
Deberás escribir, polo menos, catro frases ao día: sobre o que fixeches, a que xogaches, o que botas de menos, o máis divertido do día, como te sintes... ou calquera cousa que queiras contar.
Tamén podes facer un debuxo que complemente o que escribiches! 

 Recorda! 
* Non esquezas poñer a data cada día!
* Escríbeo en galego.
Comeza as oracións con letra maiúscula.
* Remata as frases con punto.

ESCRIBE CON BOA LETRA!


Á volta expoñémolos nas aulas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario