jueves, 26 de marzo de 2020

Benvidos e benvidas!

Boas! nenos, nenas e queridas familias.
Xa hai quince días que non nos vemos e seguimos sen poder facelo ata novo aviso.

Esperamos que esteades ben de saúde, que é o máis importante, e que poidamos voltar á normalidade o antes posible. As mestras Bea, Ana e Laura bótanvos de menos.

Como supoñemos que xa acabachedes todas as tarefas que vos enviamos o último día que nos vimos, creamos este blogue para manter o contacto convosco e recomendarvos algunhas actividades para estes días nos que seguimos sen poder ir ao colexio.

Unha aperta para todos e todas!


Estade atentos, que comezamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario