sábado, 28 de marzo de 2020

Hoxe o aplauso vai para vós!

Boas nenas e nenos!
Xa levamos varios días confinados nas nosas casas e isto faise duro. Seguro que moitos de vos xa sabedes que para amenizar o tempo que pasamos recluídos están xurdindo varias iniciativas. Unha delas consiste en saír cada día ás oito da noite á ventá das nosas casas para agradecer cos nosos aplausos o traballo da xente que nos axuda nesta loita diaria contra a pandemia (persoal sanitario, os corpos de seguridade, os traballadores dos supermercados...).
Hoxe o aplauso será ás seis da tarde e vai para vos.


Cústavos estar na casa verdade?  Nós sabemos que sodes moi valentes e que vos estades a portar moi ben.
Moito ánimo! Vémonos pronto!
Aquí vos mandamos unha aperta virtual:

No hay comentarios:

Publicar un comentario