jueves, 28 de mayo de 2020

TAREFAS DO 1 AO 5 DE XUÑO

Bos días familias

Comezamos xuño. O curso xa está remantando. Aquí tedes a secuencia de actividades para facer estes días. Podedes consultalas no seguinte enlace.

TAREFAS DO 1-5 DE XUÑO


Ademais deixámosvos os seguintes recursos.
Para escoitar o ditado da páxina 121 de Lingua Galega tedes o seguinte audio. Nel aparecen tres palabras que deberedes colocar nos espazos que vos dan no libro.

DITADO Lingua páxina 121  (MÉRCORES)

Esta semana tamén comezaremos a traballar as horas. En concreto veremos como se representan as horas en punto. Nos seguintes vídeos tedes información sobre este tema.

Vídeo: Aprendemos a decir la hora  (VENRES)

CANCIÓN DE LAS HORAS (VENRES)

Boa semana 
Un saúdo


domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Bos días familias

Xa rematamos maio. Aquí tedes a secuencia de actividades para facer estes días. Podedes consultalas no seguinte enlace.

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Ademais deixámosvos os seguintes recursos.
Para escoitar a lectura da páxina 112 de Lingua Galega tedes o seguinte audio. Nel aparece máis información da que se aporta no libro e poderedes respostar mellor as preguntas formuladas.


LECTURA: Na cociña coa avoa  (LUNS)

Para poder facer o exercicio 2 da páxina 113 de Lingua Galega deberedes escoitar o seguinte audio sobre o programa de cociña "Temos fame". Permanecede moi atentos para riscar todos aqueles ingredientes que non precisedes.

PROGRAMA DE COCIÑA: "Temos fame"  (MÉRCORES)

Por último para realizar as tarefas da páxina 194 de Lingua Castelá necesitades escoitar o seguinte audio. Nel un neno e unha nena falan á saída do colexio e intentan poñerse dacordo para quedar e realizar un traballo escolar.

CONVERSACIÓN página 194 Lengua Castellana  (XOVES)

Boa semana e un saúdo


miércoles, 20 de mayo de 2020

AVISO: XESTIÓN AXUDAS LIBROS DE TEXTO

Boas de novo familias

Cremos que pode ser do voso interese a seguinte información relacionada coa xestión das axudas para os libros de texto e o material escolar. Todo o que tedes que facer aparece explicado no seguinte enlace.

EXPLICACIÓN DA XESTIÓN DAS AXUDAS

Tedes que cubrir os seguintes anexos.
ANEXO I 
ANEXO II


Para pedir cita para a entraga da documentación debedes cubrir o seguinte formulario para reservar o día e a hora que vos conveña máis.

O alumnado de 1º de primaria terá que entregar a documentación requerida nas seguintes datas : 28-29 de maio ou 1 de xuño SOLICITANDO CITA PREVIA.

Un saúdo


AVISO: LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2020-2021

Bos días familias

Cremos que pode ser do voso interese a seguinte información.

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
No seguinte enlace podedes atopar a Orde e consultar os anexos que debedes presentar.

ORDE DO 12 de MAIO

O plazo de presentación das solicitudes  é do 20 de maio ao 19 de xuño.

Tedes toda a información na web do centro.

MÁIS INFORMACIÓN

Se necesitades resolver algunha dúbida a información de contacto do CEIP O COTO é a seguinte:
-correo electrónico: ceip.ocoto@edu.xunta.es
-teléfono: 881 866 820
-horario de atención ao público: de 10:00 a 13:00.

Un saúdo


martes, 19 de mayo de 2020

AVISO: INFORMACIÓN DA AVALIACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Bos días familias

Como sabedes este terceiro trimestre está sendo especial pola situación que estamos vivindo. Por este motivo o profesorado tivo que facer unha adaptación das programacións previstas. 

No seguinte enlace podedes atopar toda a información:

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE 1º PRIMARIA

Neste documento que tedes colgado na páxina web do centro explicamos que é o que vamos a avaliar e como o vamos a facer.

Se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto con nós.

Un saúdo



viernes, 15 de mayo de 2020

TAREFAS DO 18 AO 22 DE MAIO

Bos días familias

Comezamos nova semana. Aquí tedes a secuencia de actividades para facer estes días. Podedes consultalas no seguinte enlace.

TAREFAS DO 18 AO 22 DE MAIO




Ademais deixámosvos os seguintes recursos.
Para escoitar a lectura das páxinas 180 e 181 de lingua castelá aquí tendes o seguinte audio:

LECTURA EL DIARIO DE NACHO


Esta semana tamén faremos dous ditados, un de lingua castelá e outro de lingua galega:

DITADO LINGUA CASTELÁ PARA MÉRCORES


DITADO LINGUA GALEGA PARA XOVES

Boa semana 

Un saúdo

jueves, 14 de mayo de 2020

17 de maio. DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


Bo dia familias

Este domingo, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Ricardo Carballo Calero é o autor homenaxeado este ano e queremos que sepades algo máis del.

Ricardo Carballo Calero naceu en Ferrol no ano 1910.

Sabedes onde é? Investigade coas vosas familias e tentade situalo no mapa de Galicia.

De neno gustáballe moito ler e sentía paixón polas letras. Foi profesor nunha escola e dedicou a súa vida a escribir e a promover a cultura galega.


Deixámosvos un enlace para ler un relato del.

Titúlase "As pitas baixo a choiva" e narra un feito anecdótico da infancia do autor. Un día, cando era neno descobre, desde a fiestra da súa casa, que as pitas estanse a mollar e téntaas facer entrar no galiñeiro. Elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.
A vos pasouvos algo parecido? Facede un debuxo contándonos a vosa historia e subirémolos o blog.

Se vos animades a ler o conto e despois queredes xogar un pouco e saber máis sobre as pitas aquí vos deixamos un xogo de preguntas.




No seguinte enlace tedes debuxos para colorear relacionados con este día.


Un saúdo e que teñades un feliz fin de semana disfrutando das nosas letras

lunes, 11 de mayo de 2020

TAREFAS DO 11 AO 15 DE MAIO

Bos días familias

Comezamos nova semana. Aquí tedes a secuencia de actividades para facer estes días. Podedes consultalas no seguinte enlace.

SEMANA 11-15 DE MAIO

Como podedes ver esta semana tedes que escoitar un audio de lengua e facer un ditado de lingua. Aquí vos deixamos os enlaces para acceder a estes recursos.

AUDIO LENGUA CASTELLANA

DITADO LINGUA GALEGA

Boa semana 
Un saúdo!



sábado, 2 de mayo de 2020

TAREFAS DO 5 AO 8 DE MAIO

Bos días familias

Como xa vos dixeramos, esta semana comezamos cos libros de texto. 

Desta vez cada aula fará tarefas diferentes. Nos seguintes enlaces atoparedes as actividades que deberá facer cada unha secuenciadas por días como sempre.


Tarefas 1º A


Tarefas 1ºB


Tarefas 1ºC


Un saúdo

viernes, 1 de mayo de 2020

AVISO DÍA NON LECTIVO

Bos días familias

Informamos de que foi concedido como día non lectivo para o CEIP O Coto o día de hoxe, 4 de maio.

Por este motivo non mandaremos tarefas para este día.


Un saúdo